Saturday 04 de May de 2024

O Concello ofrece 500 prazas nos seus cursos de natación escolar


O prazo de inscrición comezará o luns, 11 de setembro, e as clases desenvolveranse durante todo o curso escolar

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, ofrece para este curso escolar un total de 500 prazas para a Campaña de Natación Escolar 2023-2024. Esta iniciativa municipal vai dirixida aos escolares do segundo ciclo de Educación Primaria (2º, 3º e 4º curso) dos centros de ensinanza públicos da cidade.

O prazo de inscrición comezará o luns 11 e rematará o venres 22 de setembro. As actividades desenvolveranse do 2 de outubro ao 31 de maio e terán un custo por alumno de 53,47 euros.
Esta cota inclúe o transporte de ida e volta desde o centro e unha cobertura sanitaria.
As prazas ofertadas, un total de 500, estarán distribuídas da seguinte maneira. Na piscina municipal de Riazor haberá 170 prazas para os seguintes colexios: Raquel Camacho, Prácticas, Emilia Pardo Bazán, Eusebio da Guarda, Labaca, San Pedro de Visma, María Barbeito y Cerviño e Concepción Arenal. Na piscina municipal do Club do Mar de Santo Amaro ofreceranse 265 prazas aos seguintes centros: Alborada, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Murguía, María Pita, San Francisco Javier, Torre de Hércules, Víctor López Seoane, Curros Enríquez, Cidade Vella, Sagrada Familia, José Cornide, Rosalía de Castro, Zalaeta e Novo Mesoiro. Por último, no complexo deportivo municipal de San Diego ofreceranse 65 prazas aos colexios Enrique Salgado Torres, Ramón de la Sagra, Juan Fernández Latorre, Anxo da Garda e Sal Lence.

A inscrición e pagamento poderá realizarse por orde de inscrición, entregando o formulario nas oficinas das tres instalacións municipais onde terá lugar esta Campaña de Natación Escolar. Toda a información, na páxina web de Deportes do Concello da Coruña.